ENTREGA PREMIO XVIII CERTAME DE INVESTIGACIÓN CONDADO DE PALLARES

ENTREGA PREMIO XVIII CERTAME DE INVESTIGACIÓN CONDADO DE PALLARES

Este venres, día 29, terá lugar na Casa de Cultura de Guntín a entrega do XVIII Certame de Investigación Condado de Pallares á profesora de Historia María de los Ángeles Verea Castelo, que resultou gañadora co traballo “A explotación de arxila e a súa transformación nas terras do Condado de Pallares”. O acto aberto ao público en xeral será as 19:30h. 
O premio está promovido pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta, da Área de Cultura da Deputación; dos concellos de Guntín, Taboada e Chantada, de Caixa Rural Galega  e dos grupos de Desenvolvemento Rural Comarca de Lugo e Miño-Ulla.
O Certame Condado de Pallares ten unha dotación de 3.000 euros e a publicación do traballo gañador. Nesta ocasión o xurado integrado por Carlos Baliñas Pérez, Gonzalo Fernández Suárez, Fernando Arribas Arias e Eduardo Fernández Ares, destacou a orixinalidade do tema elixido por María de los Ángeles Verea.