XVII CERTAME DE INVESTIGACIÓN, 2023

Presentación XVII Certame de Investigación Condado de Pallares

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares presentou  a XVII edición do Certame de investigación Condado de Pallares, co apoio da Consellería de Cultura da Xunta.

Na presentación, estiveron presentes, entre outros, a alcaldesa de Guntín, María José Gómez así como o presidente da entidade organizadora, Carlos Vázquez; ademais doutras autoridades coma o secretario xeral de Política Lingüística, o delegado territorial da Xunta en Lugo, a vicepresidenta da Deputación ou os alcaldes de Chantada e Taboada

 

 

Entrega Premio XVII Certame de Investigación Condado de Pallares
Día: venres 1 de decembro
Hora: 19:00h
Lugar: Casa de Cultura de Chantada
Obra gañadora: O agrarismo nas Terras de Chantada
Autor: Antonio Paz Vázquez
 
No acto estiveron presentes a xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, Sagrario Sánchez; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; o alcalde do Concello de Chantada, Manuel L. Varela; a tenente de alcaldesa do Concello de Guntín, Teresa Estévez; a representante do GDR Comarca de Lugo, Lorena López; membros do xurado, Carlos Valiñas e Fernando Arribas; o presidente da asociación Mosteiro De Ferreira De Pallares, Carlos Vázquez; o tenente de alcalde do Concello de Taboada, José Portela; un membro do Consello Reitor de Caixa Rural Galega, José Aquilino Rodríguez, un representante do GDR Asociación Miño Ulla, Javier R. Medela e o galardoado, Antonio Paz Vázquez.