CERTAME DE INVESTIGACION 2019

O venres 28 de novembro tivo lugar a entrega do premio do XIII Certame de Investigación Condado de Pallares. Este acto contou coa presenza de Valentín García, Secretario Xeral de Política e Lingüística; José Manuel Balseiro, delegado Territorial da Xunta en Lugo; Xosé Antón Ledo, representante da Vicepresidencia da Deputación; Carlos Vázquez García, presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares; Ramiro Moure, alcalde de Taboada;  María José Gómez, alcaldesa de Guntín ;Manuel Lorenzo Varela, Presidente de Caixa Rural Galega; Carlos Baliñas e Fernando Arribas, membros do xurado. 

O premio foi outorgado a Claudio Otero Eiriz, Tamara González López e Xosé Méndez Pérez polo seu traballo titulado " A comarca de Chantada no século XIII" 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN  DO LIBRO GAÑADOR DO XIII PREMIO DO CERTAME CONDADO DE PALLARES