Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares
Casa Reitoral de Ferreira, 6 - 27211 - Guntín (Lugo)
+34 982 320 056
info@asociacionmosteirodeferreira.es
XVI CERTAME DE INVESTIGACIÓN
A Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares presentou 0 29 de xuño a XVI edición do Certame de investigación Condado de Pallares, co apoio da Consellería de Cultura da Xunta.
Na presentación, estiveron presentes, entre outros, a alcaldesa de Guntín, María José Gómez así como o presidente da entidade organizadora, Carlos Vázquez; ademais doutras autoridades coma o secretario xeral de Política Lingüística, o delegado territorial da Xunta en Lugo, a vicepresidenta da Deputación ou os alcaldes de Chantada e Taboada.
A obra gañadora desta XVI edición do Certame de Investigación Condado de Pallares é de Alberta Lorenzo Aspres co nome de " A arquitectura bieita do Condado de Pallares: os mosteiros femininos desaparecidos".
O venres 27 de setembro de 2024 ten lugar a presentación de dita obra no Auditorio do Cuartel Vello de Taboada.