Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares
Casa Reitoral de Ferreira, 6 - 27211 - Guntín (Lugo)
+34 982 320 056
info@asociacionmosteirodeferreira.es
Actualidad
PRESENTACIÓN XIII FESTA ARTESANAL
O domingo 13 de agosto celebraráse a XIII Festa Artesanal en Ferreira de Pallares. A Presentación da mesma tivo lugar o luns dia 31 de xullo na Deputación de Lugo a cargo da deputada de Cultura, Pilar García Porto; o presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro, Carlos Vázquez; e a tenente de alcalde de Guntín, María José Rodriguez Gómez.
XI Certame de Investigación Condado de Pallares
Por undécimo ano consecutivo impulsaráse o Certame de Investigación Condado de Pallares. Na seguinte ligazón pode verse máis información sobre o mesmo.
EXPOSICIÓN ARQUITECTURA
A Deputada de Cultura,Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurou o 19 de decembro a mostra do arquitecto coruñés José Ángel Santos Núñez sobre o Mosteiro de Pallares e a ferrería que está exposta na Casa da Cultura do Concello de Guntín.
A mostra, que consta dunha vintena de paneis que explican a historia e a evolución arquitectónica do mosteiro, así como a ferrería que se empregaba, foi gañadora da VIII edición do Certame de Investigación do Condado de Pallares.
Novas relacionadas:
Presentación X Certame de Investigación Condado de Pallares
Ligazóns relacionadas ca presentación:
http://blog.deputacionlugo.org/es/2016/06/30/x-edicion-do-certame-de-inv...
http://www.noticieirogalego.com/2016/06/o-antigo-condado-de-pallares-reg...