XVI CERTAME DE INVESTIGACIÓN

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares presentou 0 29 de xuño  a XVI edición do Certame de investigación Condado de Pallares, co apoio da Consellería de Cultura da Xunta.

Na presentación, estiveron presentes, entre outros, a alcaldesa de Guntín, María José Gómez así como o presidente da entidade organizadora, Carlos Vázquez; ademais doutras autoridades coma o secretario xeral de Política Lingüística, o delegado territorial da Xunta en Lugo, a vicepresidenta da Deputación ou os alcaldes de Chantada e Taboada.

 

 

A obra gañadora desta XVI edición do Certame de Investigación Condado de Pallares é de Alberta Lorenzo Aspres co nome de " A arquitectura bieita do Condado de Pallares: os mosteiros femininos desaparecidos". 

O venres 27 de setembro de 2024 ten lugar a presentación de dita obra no Auditorio do Cuartel Vello de Taboada. 

https://ribeirasacraxa.com/news/alberta-lorenzo-presenta-a-arquitectura-bieita-do-condado-de-pallares-os-mosteiros-femininos-desaparecidos-en-taboada/81605/

https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/005701/valentin-garcia-destaca-divulgacion-del-patrimonio-cultura-hecha-certamen-investigacion