Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares
Casa Reitoral de Ferreira, 6 - 27211 - Guntín (Lugo)
+34 982 320 056
info@asociacionmosteirodeferreira.es
XVIII CERTAME DE INVESTIGACIÓN, 2024
Dando continuidade ao Certame de Investigación Condado de Pallares, este ano celebraráse a XVIII edición.
Co gallo de promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, etnografia e folclore no antigo territorio que conformaba o Condado de Pallares, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Cultura, a Deputación de Lugo, os GDR Comarca de Lugo e Miño Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e Chantada, convoca o "XVIII Certame de Investigación Condado de Pallares", que se rexerá potas seguintes BASES:
- Poderán participar todas as persoas que o desexen, sempre que presenten escritos orixinais e inéditos en lingua galega, axustados á normativa de 2003, sobre temas lingüísticos, históricos, artísticos, arqueolóxicos, antropolóxicos, etnográficos e folclóricos, cinguidos ao ámbito territorial dos concellos de Guntín, Portomaón, Taboada , Chantada e Carballedo.
- A extensión dos escritos é ilimitada, e contarán cun mínimo de cen folios. Deberán ser presentados por cuadriplicado,en formato DIN A4, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara con tipografía Times New Roman, tamaño 12. Xuntarase tamén unha copia en formato dixital
- Os orixinais serán enviados por correo certificado, baixo plica, no que figurarán os datos do/a autor/a, o lugar de residencia, teléfono e currículo,ao seguinte enderezo: Asociación de amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares,Casa reitoral,nº6 - Ferreira de Pallares - 27211 GUNTÍN (Lugo),indicando no sobre: XVIII Certame Condado de Pallares. O prazo de presentación rematará o 28 de setembro de 2024.
- Establécese un único premio de 3.000 euros que será outorgado ao autor/a da obra que reúna suficientes méritos científicos. O premio poderá ser declarado deserto.
- O Xurado estará composto por tres membros de recoñecido presti xio do mundo da cultura galega, designados polas institucións que convocan o certame.Actuará de secretario un directivo da Asociación, con voz e sen voto.
- O Xurado emitirá o seu fallo nun acto que se celebrará o día 3 de novembro de 2024.
- O acto de entrega do citado premio será na Casa de Cultura de Guntín no día, lugar e hora que se comunicará oportunamente.
- As institucións convocantes resérvanse todos os dereitos sobre o traballo gañador, incluído o da súa publicación na primeira edición. Neste caso, a obra gañadora será publicada na normativa oficial e a organización entregaralle 25 exemplares.
- Os orixinais non premiados serán enviados aos autores/as e ao seu cargo, nun prazo de tres meses, sempre que o soliciten por escrito. Transcorrido dito tempo, serán destruidos.
- A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación de todas as normas contidas nestas bases, así como as decisións do xurado que se designe. O seu fallo será inapelable.